jueves, 22 de junio de 2017

ACTIVIDADES PARA NEN@S PONTEVEDRA FIN DE SEMANA 23-25 XUÑO

Pois xa está eiquí o fin de curso, e para rematalo como se merece esta fin de semana temos moitas actividades na cidade para os máis cativos:

Comezamos co venres cando se celebrará nas prazas e rúas da cidade (prazas de Curros Enriquez, Méndez Núñez, Valentín García Escudero e na rúa Sierra) en horario de 16:30 a 20:30 horas, e coma outros anos haberá hinchables xogos tradicionais e obradoiros.

Ademáis, para rematar ás 19:00 horas haberá a festa da espuma na Praza da Pedreira (Mugartegui) en la que os nen@s poderán bailar o ritmo dun DJ. Se é a primeira vez que vades vos aconsello levarlles os cativos un bañador, chanclas e toallas, o ano pasado ás miñas nenas acabaron empapadas pero o pasaron xenial!!



Tamén temos unhas actividades en "El Patio, kinder bar" que nos ofrece un obradoiro de "Horta ecolóxica" de 18:00 a 19:00 e polo prezo de 6 euros por nen@. Eiquí tendes máis información se vos interesa.



O sábado temos outra cita no ganapán, esta vez para recibir o verán con unhas receitas refrescantes con froitas. Coma sempre a actividade é de balde pero tendes que reservar a praza no mail oganapan@omercado.gal ou no teléfono 604 024 645. Está dirixida a nen@s de entre 3 e 10 anos.



Pero ainda hai máis, dende o venres ata o domingo celébrase na nosa cidade a Festa dos Libros de Pontevedra na que haberá contacontos e moitas máis cousas para cativos e maiores.



Aquí tendes a programación na que como vedes hai varios obradoiros interesantes para os máis cativos.

Asi que xa sabedes, non haberá tempo de aburrirse esta fin de semana!! Que o disfrutedes e tamén no verán, vemonos á volta!!!













No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...