ACTIVIDADES FIN DE SEMANA 15-17 DE NADAL CON NEN@S EN PONTEVEDRA

Xa temos eiquí outra fin de semana así que haberá que aproveitala. Ademáis comeza Pontexogos!!! O Nadal xa está aquí!




Pero comecemos polo principio, o venres, coma sempre, na biblioteca pública de Pontevedra, haberá un contacontos para nen@s a partir dos tres anos, "O homiño de mazapán e outros contos do Nadal". Xa sabedes, entrada de balde e ata completar aforo.

Tamén o venres, no Kinder Bar, na rúa Virxe do Camiño, número 11, haberá un obradoiro para facer unha estela waldorf en familia. É preciso reservar a praza no mail elpatiokinderbar@gmail.com ou no teléfono 699412154. O prezo e de 10 euros por adulto, xove ou cativo, e están todos os materiais incluidos.

Ademáis, este vernes obradoiro infantil na praza de San Xosé as cinco da tarde, con motivo do evento de Pontevedra capital shopping.
  


O venres tamén comeza Pontexogos, coma cada Nadal na Praza de diante do Concello con moitas actividades, e esta fin de semana abrirá as suas portas o sábado e o domingo tamén en horario de mañá. Espero poder ir para contarvos de primeira man as novidades de este ano.


O sábado temos unha cita cos nosos amigos de Polo correo do vento no Museo de Pontevedra ás 17:30 onde farán unha homenaxe á artista Maruja Mallo baseado no seu segundo libro da colección Mulleres Galegas. Seguro que vos encanta!



Por se iso non fose suficiente, o sábado na Ferrería, terá lugar a Inauguración da Campaña Nadal Solidario, ás doce da mañá, onde  Carlos Yus, de Migallas, interpretará algúns temas do disco "Zaragallada". Organizan: Amarante Setem e Boa Vida Tenda Solidaria de Venda Xusta.

Para o domingo dan moi bo tempo así que vos propoño algunha das excursiones do blog, vos apetece votar unha ollada? 

Ata a próxima


Entradas populares