ACTIVIDADES FIN DE SEMANA 26-28 XANEIRO 2018
Temos por diante unha fin de semana chea de actividades, así que ainda que chova non temos que quedar na casa.
O venres na biblioteca pública estarán os nosos amigos de Polo correo do vento para contarnos a historia de Federico Ribas, e despois haberá un obradoiro de ilustración. Non vos esquezades que a entrada é de balde e ata completar aforo.
Este sábado volve o ganapán no Mercado, na rúa Sierra. Haberá un obradoiro gastronómico ás doce da mañá. Coma sempre é preciso reservar praza no mail ganapán@omercado.gal ou no teléfono 604 024 645 onde tamén se pode avisar por whatsapp.
E o domingo temos unha nova sesión dos "Domingos no principal" coa obra de "Rubicundo" por Teatro dos Ghazafelhos con dobre sesión, as doce da mañá ou as seis e media da tarde.
Como vos dixen é para non quedar na casa, a que non?
Ata a semana que ven.