ACTIVIDADES 28 ABRIL 1 DE MAIO

Xa está eiquí outra fin de semana, e este, é máis longo do habitual así que haberá que aproveitalo.

Comezamos o venres na biblioteca pública de Pontevedra cun contacontos a cargo de Expresión Contacontos, "En abril, contos mil", ás seis da tarde na sala de obradoiros, con entrada de balde ata completar aforo.




Tamén o venres, os maiores teremos na nosa cidade o pedagogo italiano Francesco Tonucci no Museo de Pontevedra, ás 20:00 horas con motivo da exposición "Imaxinar a educación. 50 anos con Frato!, que se inaugura no pazo da Cultura de Pontevedra, o mesmo vernes ás 17:30 horas.


O sábado, temos outra cita no ganapán, na Praza de Abastos, esta semana adicada a "Castelao e o mar", onde os máis pequenos descobrerán os debuxos coas estampas mariñas de Castelao. A actividade é de balde pero e necesario inscripción no mail oganapan@omercado.gal ou no teléfono 604024645. A actividade está orientada a nen@s de entre catro e dez anos.


Pero iso non é todo, este fin de semana celébrase na nosa cidade o Galegote Rock, con programación infantil na praza da Pedreira, con dogos tradicionais e xincana ás doce da mañá e un contacontos ás cinco da tarde.



    E ata eiquí ás actividades da fin de semana, que a disfrutedes e vémonos o próximo xoves que o luns é festa!

    Entradas populares