ACTIVIDADES CON NEN@S EN PONTEVEDRA DO 27-31 OUTUBRO

Hola a tod@s!!




     Esta vais ser unha fin de semana terrorífica!!! e que xa está esquí o Samaín!! 

    Hai moitas actividades, xa veredes! Comeamos comezamos co venres no museo de Pontevedra, onde ás 17:30 horas no Sexto Edificio haberá unha sesión de contacontos a cargo dos nosos amigos de Polo correo do vento con "O misterio do torque" dirixido a un público infantil a partir de cinco anos e as shas familias.





   O sábado, na biblioteca pública de Pontevedra, ás 11:30 celebrarán un contacontos e os menos poderán ir disfrazados para participar nun concurso-desfile de disfraces. O aforo será limitado polo que haberá que chamar para reservar a praza no centro Kids&Us de Pontevedra.

    Tamén o sábado haberá unha nova sesión do Ganapán do Mercado de Abastos, onde nesta ocasión farán unha receita con cabezas, tan típicas desta época.


    O luns 30 no Patio Kinder bar, a partires das 18 horas haberá taller de mounstruos e momias, cun precio de 5 euros para nenos de 1 a 4 anos de idade. E o martes 31 unha festa temática con photocoll e de entrada libre. Para as dúas actividades é necesaria a inscripción.

    E, ademáis, non podemos perdernos o martes 31 a Noite dos Calacús, na praza da Verdura de Pontevedra, con obradoiros a partires das 18:00 horas.

    Espero que pasedes uns días de medo!!!!



Entradas populares