ACTIVIDADES FIN DE SEMANA 19-21 DE XANEIRO

Remataron as festas de Nadal e xa temos moitas actividades para os cativos na nosa cidade!!


O sábado teremos unha nova sesión de Sétima Feira no Mercado de Pontevedra na rúa Serra, onde mentras os pais e nais podemos pasar un rato vendo as novidades que nos mostran e degustando da gastronomía do país, os nen@s podarán facer un obradoiros na Sétima Feira Infantil. Aquí vos deixo a información.





Tamén esta fin de semana temos de volta os DOMINGOS NO PRINCIPAL que inda que tiña previsto que se inaugurara este domingo co clown Marcel Gross, será sustituido por Jean Philippe Kikolas, que nos trae un espectáculo de circo e humor gestual. Seguro que tanto pequenos coma maiores o pasamolo en grande.





Coma xa é habitual, haberá dúas sesións, unha de mañá e outra de tarde cun prezo de 4 euros a entrada, ainda que podedes mercar o bono para todas ás funcions.

Ata a semana que ven!


Entradas populares