ACTIVIDADES FIN DE SEMANA 23-25 DE FEBREIRO

Ainda que estas semanas estiven desaparecida non deixaron de haber actividades para nen@s na nosa cidade, pero nada comparado co que vai acontecer esta fin de semana! Estades preparados? Por que hai plans para todo tipo de familias... Comezamos!!!



O venres temos unha cita con Polo correo do vento na Biblioteca Pública de Pontevedra ás 18:00 da tarde. Coma sempre a entrada é de balde ata completar aforo.



Tamén o venres comeza MUNDONENOS, no Pazo da Cultura de Pontevedra. Por terceiro ano consecutivo as familias poderán disfrutar de moitas actividades. Aquí tendes o enlace da páxina. E onde o sábado pola tarde tamén poderedes ver os nosos amigos de Polo correo do vento. Este salón para as familias estará toda a fin de semana, do venres ata o domingo.

O sábado temos unha nova cita co ganapán na Praza de Abastos, na que esta vez os máis pequenos farán unha boa receta cun alimento tan coñecido coma é o pan.



Ademáis, xa sabedes que por mor do mal tempo, suspendeuse a festa infantil e o desembarco pirata do martes de entroido, así que celebrarase todo este sábado na praza da Ferreria. A festa infantil de entroido pola tarde, a partir das cinco e o desembarco pirata xa ás dez da noite.

Para rematar a fin de semana, o domingo teremos unha nova cita no Teatro Principal co ciclo "Os Domingos do principal", coa obra de "Me llamo Suleiman", en duas sesións de mañá e de tarde, e aparece recomendada para maiores de 12 anos.

Que vos dicia? Moitas actividades nesta fin de semana, non si? Pos a escoller e pasalo en grande!!

Vémonos pronto!



Entradas populares