ACTIVIDADES NEN@S PONTEVEDRA 2-3 XUÑO

Moitas cousas temos na cidade para este primer fin de semana de xuño, eiquí tendes as propostas:

O venres na Biblioteca Pública teremos a Raquel Queizás co seu espectáculo, Cocorocó, baseado na obra de Carlos Casares, A galiña azul, coma sempre ás seis da tarde na sala de obradoiros e entrada de balde.

O sábado no Ganapán do Mercado de Abastos da cidade, teremos unha nova actividade para nen@s de entre 3 e 10 anos ás 12:00, esta vez coa colaboración dos oceanógrados de Arenaria Coordinación, S.L. A entrada é de balde ainda que para asistir é necesario reservar no mail oganapan@omercado.gal ou no teléfono 604 024 645.



Tamén o sábado se vos interesa a ciencia, celébrase no campus, Pontenciencia. Teredes a posibilidad de ver os distintos traballos que se fixeron este ano. 
Espero que vos animedes a disfrutar deste fin de semana na cidade!

Ata a semana que ven!

Entradas populares