ACTIVIDADES PARA NIÑ@S PONTEVEDRA 16-18 XUÑO

Chega o Surfing the Lerez Festival!!!


Esta fin de semana temos o Surfing Lerez na cidade, concretamente na Illa das Esculturas. E este ano teñen unha gran programación para os máis cativos. Aqui vos deixo as de este ano:


Como vedes hai moitas actividades para os cativos a cargo de Estudo Bonobo, Escola de Artes. Ademáis, coma o ano pasado haberá o descenso en colchoneta polo río, seguro que os máis peques lles encantará velo.




O certo e que os nen@s o pasan xenial no Surfing, hai actividades para eles e como vai facer moi bo día e un dia estupendo para facer un picnic, ás miñas fillas encantalles.


Pero en Pontevedra sempre hai máis alternativas e non podemos esquecernos do ganapán, que o sábado teñen preparado un novo obradoiro de "Ganapán gourmet", con sardiñas e xoubiñas coma non podía ser de outra forma neste mes. Coma xa sabedes, é de balde pero para asistir tendes que reservar praza no mail oganapan@omercado.gal ou no teléfono 604 024 645.





Disfrutade do finde!!!


Entradas populares