ACTIVIDADES PARA NEN@S DO 16-18 DE DECEMBRO EN PONTEVEDRA


Xa está eiquí outra fin de semana! a derradeira antes do Nadal e por iso hai un montón de actividades pensando nos máis peques da casa!

Comezamos cun espectáculo de maxia na Biblioteca Pública de Pontevedra: "A maxia de Mary Poppins", coma sempre ás 18:30 horas, no salón de actos e entrada de balde ata completar aforo.


Tamén a partires do venres na plaza do Teucro comezan as actividades de Pontenadal, onde este venres haberá "Master chef Nadal": monecos de neve con doces, de 18 horas a 20 horas. Os obradoiros realizaranse por orde de chegada e está dirixido a nen@s a partir de catro anos.



E xa está aberta ó público a exposicion de Miguelanxo Prado no Sexto Edificio do Museo de Pontevedra. Poderase ver ata o 29 de xaneiro e hai un espazo adicado á animación  onde atoaremos ó Xabarín máis famoso da tele.

O sábado podemos desfrutar toda a familia coa obra "Pinocho" no Pazo da cultura. As entradas xa están a venta en Ataquilla.com.




Como vedes moitas cousas para os máis pequen@s, e todo o que queda para esta semana previa a Nadal!!

Ata o luns

Entradas populares