ACTIVIDADES PARA NIÑ@S PONTEVEDRA FIN DE SEMANA 2-4 DICIEMBRE

Pois parece que xa está aqui, un ano máis, o Culturgal, así que esta fin de semana temos fácil decidir o que imos facer cos cativos en Pontevedra!!

Pero antes non podemos esquecernos que o venres na biblioteca pública temos un contacontos con Pavís Pavós "Historias antes do Nadal", para nen@s a partir de 3 anos na sala de obradoiros ás 18:00 horas.
Agosra si, neste enlace podeder obter toda a información que necesitedes do culturgal. Eu vou contar o que a min me parece máis interesante para ir cos rapaces, despois vos decidides. 



Como podedes ver no progrma, comeza o venres 2 de decembro, e pola experiencia de outros anos é o dia que mellor se está porque hai menos xente. Ese día podemos ver a "Fedellas" un espectáculo con dúas actrices que faran pasar un rato moi divertido a pequenos e maiores. Nós vimos unha das súas actuacións e foi moi divertida.

O sábado non podemos perdernos a presentación do libro -cd-dvd, "Canta connosco" do grupo de teatro Migallas. As miñas fillas disfrutan moitísimo coas súas cancións, bailan como tolas cada vez que as pomos na casa.

As doce da mañá do sábado estarán os nosos amigos de "Polo correo do vento", e tamén os poderemos ver o domingo ás sete e media da tarde,. Aquí vos deixo unha foto do ano pasado onde aprendemos a debuxar no obradoiro que fan ao rematar o contacontos.



O domingo poderemos disfrutar do espectáculo de María Fumasa, dirixido á todala familia, para presentar o seu novo disco. Esta actividade é de pago e ten un custo de 6 euros máis gastos que poderase mercar en ataquilla.com. As cancións son boísimas e de seguro que o pasaremos xenial.

Así que xa sabedes, a disfrutar do culturgal!!!

Entradas populares