ACTIVIDADES CON NEN@S EN PONTEVEDRA FIN DE SEMANA 19-22 XANEIRO

Buenos dias!


Outra fin de semana en Pontevedra con moitas actividades para os máis activos da casa.

Esta vez vou empezar antes a fin de semana, porque hoxe, xoves, temos unha proposta de "El patio, kinder bar" con un contacontos e obradoiro ás 17:30 horas. Indicado para nen@s de 2 a 8 anos e precisa de reserva de praza no mail elpatiokinderbar@gmail.com

Se queredes máis información de este local, recordade a entrada que fijen o luns da semana pasada.

O venres temos a nosa cita na biblioteca publica cunha sesión de contos, esta vez a cargo de Raquel Queizas, cos "Contos que alimentan", coma siempre ás seis da tarde e entrada de balde. Xa sabedes que a nós encantannos os contos de Raquel Queizas así que non o podedes perder!

O domingo temos a nosa cita cos "Domingos do principal" esta semana coa obra "Retahilando5", como xa sabedes en dous horarios, de maña e de tarde. As entradas disponibles en Ataquilla.com


Espero que vos animéis a sair da casa a pesares do frío de estes días!!


Entradas populares