ACTIVIDADES NEN@S PONTEVEDRA 27-29 XANEIRO

Xa estamos outra vez na fin de semana, e parece que esta trae choiva asi que aquí tendes algúns plans para que nos vos perdades nada.

O venres, coma sempre, contacontos na biblioteca pública con Polo Correo do Vento adicado a Maruja Mallo. De seguro que ós máis cativos lles encanta, e ademáis saberán máis de esta gran pintora galega á que se lle adica este ano o Día das Artes Galegas.


O domingo 29 ás 18:30 horas, no Auditorio Sede Afundación, podedes levar os nen@s  ó musical da "Bella Durmiente". As entradas están á venda en ataquilla.com



E tamén o domingo segue o ciclo dos "Domingos no principal", esta semana con "Bhrava!" de Cía L´Animé, para nen@s a partir de 3 anos. Como xa sabedes en dúas sesións de mañá e tarde, venda de entradas tamén en ataquilla.com

Pero, ademáis esta semana quería proporvos a visita a exposición de "Pontevedra:Océano Mar" que se pode visitar no Pazo da Cultura.



Nesta exposición os nen@s poderán disfrutar de obras de pintura, escultura, poesía... todas relacionadas coa mar. As miñas nenas gustoulle moito. Hai unha parte adicada a Man de Camelle, que pode serlles interesante.


Unha cousa: a entrada é por arriba, polo cubo, que nós a primeira vez que fomos non o sabíamos, pensábamos que se entraba por onde o Salón do Libro e por alí está pechado, así que xa sabedes. 

Deixovos unha foto da entrada ;)



Ata eiqui, as actividades da fin de semana, espero que vos animedes e podedes compartir os vosos comentarios se vos gusta.

Un saúdo

Entradas populares