ACTIVIDADES CON NEN@S EN PONTEVEDRA 5-7 MAIO

Esta primeira fin de semana de maio, ademáis de celebrar o día da nai temos varias propostas para toda a familia!

O sábado pola mañá o ganapán nos propón un obradoiro artístico-literario, no que os máis activos podarán facer un caligrama, será o sábado ás 12:00 no Mercado de Abastos de Pontevedra, a entrada é de balde pero é preciso inscribirse no mail oganapan@omercado.gal ou no teléfono 604 024 645.


Tamén o sábado, na libraría infantil Patakafrita haberá un contacontos "Las aventuras de Marandina".



O domingo pola mañá, que é o día da nai, proporíavos unha visita o sexto edificio do museo de Pontevedra, e xa veredes como a parte da prehistoria encantalles os máis pequenos. E despois un aperitivo no Ultramar, onde os maiores poden relaxarse tomando algo, mentres os máis pequenos fan manualidades cunha monitora encantadora e de seguro levades para casa moitos agasallos feitos por vosos fillos!!!



Ata o luns!!

Entradas populares