viernes, 12 de mayo de 2017

ACTIVIDADES NEN@S EN PONTEVEDRA DO 12-14 MAIO

Boas tardes a tod@s!!!


Hoxe retraseime un pouco en escribir no blog as actividades para este fin de semana, pero ainda estades a tempo de disfrutar do contacontos da Biblioteca de Pontevedra, a cargo de Bea Campos do grupo de teatro Migallas, co título "Contos na mesiña de noite". Coma sempre ás seis da tarde e a entrada é de balde.


O sábado, como cada segundo sábado de mes, celebráse a Sétima Feira no primeiro andar da Praza de Abastos, como xa saben os nosos seguidores podedes facela inscripción no mail que aparece no cartel.


O sábado na ludoteca Tekere, haberá ás 12 da maña, o espectáculo "Contando contos con purpurina" o precio por nen@ é de 5 euros, e haberá desconto para familias numerosas. (Máis información en 986-108521/686-560132)

Espero que disfrutedes da fin de semana ainda que parece que vai ser de choiva!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...