ACTIVIDADES NEN@S EN PONTEVEDRA 19-21 MAIO


Outra fin de semana con moitas actividades por diante!

O venres temos unha sesión de contacontos na Biblioteca de Pontevedra, a cargo de Polo correo do vento, con "Os xoguetes de Clio: unha homenaxe a Carlos Casares". Coma sempre ás seis da tarde na sala de obradoiros e a entrada  é de balde ata completar o aforo.





O sábado no Ganapan do Mercado de Pontevedra, haberá un obradoiro con Sabela Fariña de La Artesa, onde se farán batidos, zumos e tortas. A actividade é de balde pero para asistir é necesario reservar praza no mail: oganapan@omercado.gal ou no telefono 604 024 645.


Pero o sábado, anida queda moito por facer, xa que haberá un evento chamado "A pé de rúa" nas Galerías da Oliva.

Neste evento haberá moitas actividades, e non só para os máis cativos senon tamén para os maiores se vos animades.
Para os peques tendes un obradoiro pola tarde de repostería creativa onde elaborarán un doce e escoitarán un conto na cafetería Detalles. A actividade é gratuita pero é preciso reservar no mail turinapontevedra@gmail.com. O obradoiro será impartido en dous turnos, ás cinco e ás seis da tarde.



Esa mesma tarde haberá un taller de debuxo co ilustrador e deseñador Santi Paredes, para ne@s de entre seis a doce anos, tamén de balde pero con necesaria reserva. 

Tamén o sábado, no Centro Comercial Abarca, en Poio, pero mii cerquita da nosa cidade, haberá un contacontos en inglés a cargo de Kids&Us, ás 18:00 horas, e dirixida a nen@s de 3 a 7 anos.

E o sábado e o domingo celebrase "PONTECAN", a I carrea solidaria Canina, que organiza a Asociación de acollida e adopción de cans Os palleiros e a Protectora de Animais do Morrazo para concienciar ás persas da necesaria protección dos animáis. 



Podemos destacar o Pontecan Mini (con carrera para nen@s ata os doce anos) ás seis da tarde do sábado e o domingo a a saída andaina 4K ás 11:30. Seguro que os peques e os  seus amigos peludos pasando xenial.

Espero que vos animedes!!

Ata a semana que ven!






Entradas populares