ACTIVIDADES NEN@S EN PONTEVEDRA FIN DE SEMANA 15-17 SETEMBRO

Pois parece que Pontevedra quere celebar por todo-lo alto que os nen@s voltaron o cole, polo este venres poderán disfrutar dunha festa nas rúas e prazas da cidade. (Praza de  Méndez Nuñez, Curros Enríquez e Valentín García Escudero, así como na rúa Serra)

Como xa se fixo en anos anteriores haberá rocodromo con escalada, hinchables, xogos tradicionais... e moitas cousas máis.  Tamén se contará coa colaboración do Club de Waterpolo da cidade cunha actividade para buscar novos socios e ensinar este deporte a todas aquelas persoas que lle interese.

E despois de todo isto, remataremos cunha festa de espuma na Praza da Pedreira ás sete da tarde. Ides perder esta festa?



Pero ahí non remata todo, o venres tamén terá lugar a inauguración ás sete da tarde da reforma realizada no estanque dos patos do parque das Palmeras onde haberá unha exposición de fotografías e os que ata alí se acerquen poderán levarse como recordo unha foto instantánea feita cunha camara Polaroid.


Xa o sábado no ganapán do Mercado de Abastos os máis cativos da casa poderán disfrutar facendo hamburguesas coa mellor carne do Mercado, pero tamén as farán con legumes e vexetais!! Coma sempre haberá que reservar por mail: oganapan@omercado.gal ou no telefono 604 024 645.



Espero que disfrutedes desta fin de semana de inicio de curso.


Entradas populares