ACTIVIDADES PARA NEN@S EN PONTEVEDRA FIN DE SEMANA 22-24 SETEMBRO

Eiquí nos tendes outra fin de semana máis para contarvos as actividades que temos en Pontevedra para os máis cativos da casa.

Comezamos o venres na biblioteca publica de Pontevedra cunha sesión de "contos encantados" a cargo de Expresión Contacontos,  ás seis da tarde e coma sempre de balde.


O sábado pola mañá haberá un taller sobre "Como acompañar las primeras manifestaciones artísticas de nuestros peques" na libraría Pataka Frita, dirigido a país, nais, educadores e toda persoa interesada. Paréceme moi interesante sobre todo para os país que temos nen@s artistas, que somos todos ;)



Tamén o sábado haberá nova sesión no ganapán da praza de abastos. Onde farán unha magdalenas de mazá e canela.



Pero ademáis de todo iso, esta fin de semana celebrase un ano máis o festival Nubebes. Coa novidade de este ano da venda online das entradas cun custe de 2,5 euros en Ataquilla.com.

Podedes ver a programación neste enlace. Haberá actividades moi interesantes toda a fin de semana  como "Toin, toin" de Raquel Queizás o domingo 24 a varias horas do día na casa das Campás, ou contos para bebés de Pavis Pavos o sábado 30 tamén na casa das Campás.




E por se isto fora pouco, na nosa cidade celébrase esta fin de semana Pont Up, que contará con actividades para nen@s tanto o venres coma o sábado, so tendes que pasarvos pola praza de España.

Espero que o pasedes xenial en calquera das opcións que vos propoño e disfrutedes da fin de semana.




Entradas populares