ACTIVIDADES CON NEN@S EN PONTEVEDRA FIN DE SEMANA 1 A 3 DE DECEMBRO

Hola a todos, 


Despois do parón da semana pasada, esta vimos con forza xa que temos o Culturgal na nosa cidade con moitas actividades, para pequenos e maiores. Comezamos!!!

Antes de entrar no Culturgal imos ver que temos na Biblioteca Publica de Pontevedra, xa que podemos disfrutar dun contacontos dos nosos amigos de Polo correo do vento. Coma sempre ás seis da tarde.




Tamén o venres comeza o Culturgal, e este ano celébrase o décimo aniversario do festival e haberá moitas actividades así que aquí vos deixo o enlace da programación para que elixades a que máis os conveña. Eu vou resaltar algunhas que me parecen interesantes para os máis cativos da casa.


Comezamos co venres, ás seis da tarde no Espazo Infantil Deleite onde haberá unha actividade teatral "A galiña azul" inspirada na obra de Carlos Casares e a cargo de Ubú Teatro.


O sábado, ás 12:30 no Espazo Libro presentaras e o Salón do Libro Infantil e Xuvenil desta edición do 2018 que celebrarase en abril co lema "Mulleres de conto" e con México coma país convidado. E ás 13:30 no Espazo Infantil  Deleite haberá un concerto PunkInfantil con Peter Punk Pallaso e Brais das Hortas.

Tamén o sábado pola mañá, no Espazo Arte Contemporánea poderemos anotar os nen@s entre 6 e 11 anos nun obradoiro de arquitectura onde poderán construir co sistema Lupo unha maqueta de gran tamaño da fachada do CGAC.


O domingo, podemos comezar o día con A viaxe da palabra que non era valente, con Silvia Penide, voz, e Cesar De Centi, voz e guitarra.


E ás 12, o espectáculo de Mamá Cabra no Auditorio do Pazo "Eu cociño, ti cociñas" Este espectáculo ten un prezo de 6 euros máis gastos e podense adquirir as enrtadas en ataquilla.com.

Tendes máis cousas que podedes ver no enlace da programación. Ademáis se queredes podedes comer no propio recinto do Culturgal, no que haberá menú do día, ou na nosa cidade, xa que o centro histórico a tópase a só cinco minutos camiñando dende o Pazo.






Entradas populares