ACTIVIDADES PARA NEN@S EN PONTEVEDRA, FIN DE SEMANA 17-19 NOVEMBRO

Outra fin de semana chea de actividades para os cativos da casa:



Comezamos co venres na biblioteca pública, onde nos espera un contacontos científico, con acertijos, retos, bromas e diversión, será coma sempre ás seis da tarde na sala de obradoiros, e está dirixido a nenos de 6 ata 10 anos.


O sábado, teremos un obradoiro-concurso infantil no primeiro andar da Praza de Abastos dentro da programación "Nós", un programa cultural de concienciación social e igualdad de género, promovido polas Concellerías de Igualdade, Xuventude, Turismo e Cultura do Concello de Pontevedra e a Deputación de Pontevedra.

Haberá catro quendas de 50 minutos cada unha. A entrada é libre máis precisa inscripción previa no mail: martina@martinadada.gal


Tamén o sábado, ás 5 e media da tarde no museo de Pontevedra, no Sexto Edificio, haberá unha nova sesión de contos dirixido a nen@s a partires de 5 anos e as súas familias. Esta vez está adicado a Luis Seoane co título "Retrato de esguello" e estará a cargo de Polo correo do Vento.





E ainda temos máis actividades xa que o sábado pola tarde celébrase o primeiro aniversario de "El patio, kinder bar", en van a celebralo cunha pequena festa, onde haberá globos e música con entrada libre, así que xa sabedes e animarvos a pasar por alí.



Así que xa sabedes, a pasalo ben na nosa cidade!!


Entradas populares