ACTIVIDADES NEN@S EN PONTEVEDRA 3-5 NOVEMBRO

Parece que esta fin de semana vai chover así que haberá que buscar opcións para entreter os mais cativos da casa.

Comezamos coa Biblioteca de Pontevedra, onde o venres haberá un contacontos de Polo correo do vento



O sábado na Casa da Luz as 12 da mañá, haberá un obradoiro para nen@s de 3 a 6 anos con Fedellas "A poesía é un dogo", trátase duna actividade gratuita organizada polo Concello no programa "Apego no outono". É necesaria a inscripción en pontevedra.ga/apego

Tamen o sábado no Museo de Pontevedra haberá un obradoiro para familias e nen@s a partir de cinco anos, sobre "O bestiario medieval", será no Sexto edificio, a partires das 5:30 da tarde. Para máis información podedes chamar ó museo.



Tamen podemos ir cos rapaces a Pontetapas e así degustar as tapas que nos teñen preparado este ano, que será a décima edición. Cada tapa costará 2 euros, non vos esquezades de votar, que tamen poderedes levar premio. 
Aquí tendes o enlace con toda a información para que non vos perdades ningún dos locales participantes. Bo proveito!


Pasadeo ben esta fin de semana, e que chova o que teña que chofer!!



Entradas populares