jueves, 27 de octubre de 2016

ACTIVIDADES CON NEN@S EN PONTEVEDRA PONTE DO 28 DE OUTUBRO AO 1 DE NOVEMBRO

Xa chega a ponte de novembro e como non podía ser doutra forma hai moitas actividades para os máis pequenos.

No museo de Pontevedra, célebrase o Samaín no museo  con unha cunha sesión de contos de medo o sábado pola tarde para os máis cativos, na que se precisa inscripción previa. 

E como este luns moitos nenos non teñen cole, o Concello organizou a primeira edicción do "Roteiro da gruta das fadas", onde os nenos e nenas escoitarán un contacontos e saíran con monitores a percorrer as rúas da nosa cidade. Precisa inscrpción previa no correo electrónico turinapontevedra@gmail.com.

Ademáis, como xa ven sendo tradicional na nosa cidade celebraráse a noite dos calacús, na praza de Mugartegui, con comida e bebida a prezos populares, ludoteca, música tradicional ás 21 horas...

Cada ano esta festa celebrase máis, e aos nen@s disfrutan moito con ela, polos disfraces, as festas e as decoracións de calacús. Aqui vos ensino a nosa deste ano, que é moi temática e así ímonos preparando para a entrada do  próximo luns. Disfrutade desta festa!!



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...