jueves, 20 de octubre de 2016

ACTIVIDADES NIÑ@S PONTEVEDRA 21-23 OCTUBRE

Xa temos a programación para esta fin de semana en Pontevedra que seica ven moita choiva pero, non vos preocupedes porque hai moitas cousas para poder facer cos máis cativos na nosa cidade.

O venres, temos unha sesión de contos na sala de obradoiros da Biblioteca Pública de Pontevedra, esta vez a cargo de Trinketrinke teatro. E coma sempre, comeza ás seis da tarde e a entrada é de balde ata completar aforo.



O sábado a librería "Patakafrita" proponnos un contaconto para bebes co título "O corpo", tamén de balde e ata completar aforo. Para os que non o saibades a librería "Patakafrita" atópase na Rúa José Adrio Barreiro, número tres, onde ademáis, diante, hai un parque para os cativos por se ó final non se cumpren as previsións meteorolóxicas e podemos sair con eles.


Pero, a fin de semana non remata ahí, xa que o domingo no teatro principal hai un concerto da banda de música da cidade que se titula "Walt Disney in concerto" e paréceme unha boa maneira de iniciar os nen@s  na música así que anímovos a levalos.




E ata aquí esta fin de semana. O próximo fin de semana é o samaín, e de seguro que hai moitas actividades para toda a familia.

Ata o luns!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...