ACTIVIDADES PARA NEN@S PONTEVEDRA FIN DE SEMANA 3-5 FEBRERO
Outra fin de semana pasada por auga! Pero non pasa nada, aquí tendes uns cantos plans para pasalo xenial!!
Comezamos co venres na Biblioteca Pública onde celebrarase unha sesión de contos ás 18:00 horas a cargo de Bea Campos (Migallas) co título: Contos nas orellas. Recomendado a partir de tres anos e coma sempre entrada de balde ata completar aforo.

Ademáis, este sábado volve O ganapán no Mercado cun concerto ás 12:00 de Magin Blanco García. A entrada é de balde pero tendes que reservar praza no mail oganapan@omercado.gal ou no teléfono 604 024 645.
O domingo, nos "Domingos no principal" teremos a obra "Amagatall" de Lana coja dansa, coma sempre en dúas funcións e as entradas pódense adquirir en ataquilla.com.
Ademáis, vou a propoñervos visitar a entrada do edificio da Diputacion de Pontevedra, no paseo de Montero ríos, xa que esta semana inaugurábase unha pequena exposición de viñetas de Luis Davila. É pequena pero divertida como todos os seus debuxos e ós peques pode entreterlles.
Ata o xoves!