ACTIVIDADES PARA NEN@S PONTEVEDRA NO ENTROIDO


Pois xa esta eiquí o entroido, e de seguro que ninguén quere perderse nada, así que vos deixo tódalas actividades que hai preparadas:


O venres na biblioteca pública temos sesión de contos con "Contos con desconto" e se saís con fame podedes pasarvos por la Praza da Ferrería que ás oito comeza unha degustación de filloas de Entroido para ás nove estar na recepción do Alcalde ó Rei do Entroido, Urco, quen chegará acompañado de comparsas para que todos podamos pasalo en grande bailando!


O venres 24 comeza tamén no Recinto Feiral de Pontevedra, Mundonen@s, Salón das Familias, con moitas actividades para todos, tendes máis información na súa web www.mundonenos.es. Nós fomos o ano pasado e a verdade e que é moi interesante así que vos animo a acudir.



No centro Comercial Abarca haberá tamén actividades durante estes dias de entroido.



O sábado pola mañá podemos ir O Ganapán na Praza do mercado cunha xornada  fiolleira, no obradoiro de cociña, xa sabedes que tendes que apuntarvos no mail do ganapán: oganapan@omercado.gal o en el teléfono 604 024 645.



E ás 17:00 horas sairá dende a Rúa José Malvar o desfile do Entroido, percorrendo as rúas de Pontevedra ata llegar ás 20:00 á Alameda onde se celebrara a festa do Entroido durante a que se fará entrega dos premios do concurso de disfraces.

Este domingo non hai sesión de teatro dos Domingos no Principal polo Entroido, pero o luns podáremos disfrutar na Praza da Verdura de Obradoiros de xogos e disfraces a partir das 17:00 horas. E ás 19:30 na Praza da Peregrina presentarase o noso Loro Ravachol. Aquí tendes unha foto do ano pasado!



O martes ás 17:00 horas na Praza da Ferrería haberá a Festa Pirata de Entroido Infantil, con animación a cargo de Rivel e varios DJ. E se anida nos quedan forzas, ás 22:00 poderemos desfrutar do desembarco pirata da tripulación do Burla Negra no centro histórico.

E como, o mércores, un de marzo, é festivo na nosa cidade, ainda podemos ás 17:00 horas na praza da Peregrina acudir cos peques a un obradoiro das Mascaras de Ravachol!!, e así estar preparados para o sábado día 4 de marzo que terá lugar o enterro!

Espero que disfrutedes das festas!!! Vémonos á volta!!



Entradas populares