ACTIVIDADES 10-12 XUÑO EN PONTEVEDRA PARA NEN@S

Outro fin de semana á vista que tamén ven cheo de actividades para os máis peques da casa!!

Esta semana, dende o 6 ata o 11 de cuño en Pontevedra haberá unha grande diversidade de actividades para reflexionar sobre a Cooperación Internacional e a loita contra as desigualdades. Entre as actividades programadas, destacamos varias para os cativos, coma un obradoiro de dobraxe no pazo da Cultura o sábado as doce, para nen@s dende 8 anos.
Tamén pola tarde habrá un obradoiro lúdico-artístico para reflexionar sobre a interculturalidade. Paréceme unha boa idea para achegar ós máis pequenos sobre estos temas. Neste enlace, deixovos o programa completo.

Pero ainda quedan máis cousas, xa que este é o segundo  fin de semana do mes e polo tanto temos unha cita con Sétima Feira na praza de Abastos, que esta semana traenos un taller de arte urban para os máis cativos, ademáis a ver se non chove e poden sacar a feira a rúa. Esperamos que o bo tempo acompañe!! 



Como vedes hai moito que facer en Pontevedra!!


Entradas populares