ACTIVIDADES FIN DE SEMANA 3-5 DE XUÑO EN PONTEVEDRA



Hola a todos!!!

Como cada xoves, contovos os plans que podemos facer esta fin de semana en Pontevedra, xa veredes como hai moito para facer...

O venres é o día da muñeira así que como cada ano celebrarase o baile na Avenida de Montero Ríos, con moitos nen@s bailando e moi boa música da nosa terra! Ós máis cativos seguro que quedan cautivados pola música e por ver a outros nen@s coma eles bailando muñeiras..





Por outra banda, esta fin de semana celébrase Pontenciencia, que é una exposición de proxectos de investigación escolar aberta ó publico. Celébrase o venres 3 pola maña para os coles e o sábado 4 en aberto a todo o público, no enlace veredes os horarios. Seguro que os máis pequen@s da casa se divirten un montón á vez que aprenden cousas novas. Celébrase na Escola de Enxeñería Forestal no Campus de Pontevedra.



Outra opción para o sábado, esta vez pola maña, é o Troula Inclan, que íase celebrar fai unhas semanas pero cancelouse pola choiva, Será na praza de Mendez Nuñez e que aquí tendes a programación inicial das actividades:
  • 13.00 horas: Momentos tradicionais: actuacions de música tradicional galega
  • 15.00 horas: Degustación de pratos típicos galegos.
  • 17.00 horas: Pequetroula: actividades infantis y juveniles que finalizarán coa busca dun tesouro.
  • A partires das 19.00 horas Concertos:  Raul y Cia; Black Stones; Desconcerto; Operación guateque.
  • As 00.00 horas peche de actuacions cunha canción final de todos-los grupos xuntos.


Pero ademáis, esta semana, desde o día 2 ata o 5 de xuño celébrase na nosa cidade "Sete falares", que é o encontro nternacional de Contadores de Historias, un festival de narración oral que chega este ano á súa quinta edición. No enlace tendes o programa que como cada ano é moi bo, así que non o dubidedes. E tamén hai opcións para o público adulto por si tendes ocasión ;)

Por si todo isto vos parece pouco, o domingo 5 de xuño chega a Pontevedra "CANTAJUEGOS DIEZ + SORPRESAS", ¿quén tendo nenos non os coñece? é imposible, nos fomos hai un par de anos a velos en Vigo e ás nenas encantoulles. Haberá dous sesións, ás 16:30 e ás 19:00, así que podedes escoller á que mellor os conveña e pasar unha tarde cantando as súas famosas cancións.

Ata o luns!


Entradas populares