ACTIVIDADES FIN DE SEMANA 17-18 XUÑO EN PONTEVEDRA PARA NEN@S


Hola a todos!!

Xa chegou á fin de semana do Surfing Lerez!!! Seguro que moitos de vos xa estivestes en pasadas edicións, pero e que ésta promete ser mellor ainda, pois empeza o venres, e se o tempo o permite, comeza cunha procura do tesouro do cocodrilo, que é un xogo en familia, na que é preciso a inscripción previa a traves da páxina do Facebook do festival, e que promete ser moi emocionante e divertida para todos.



Ademáis, o venres xa teremos master class de DJ e xogos tradicionais dende as catro da tarde, así que empezamos con forza.

O sábado temos o día completo, as doce e media teremos sesión de teatro e xa pola tarde contacontos, xogos tradicionais, obradoiros e moita música...

Non vos esquezades que a entrada é solidaria, e consistirá na doazón de alimentos non perecederos para os máis necesitados!

Ademáis, se o tempo nos deixa temos unha oportunidade para pasar o día neste bonito parque das esculturas que temos na nosa cidade, a verdade e que merece unha entrada no blog só para él, pero dende aquí vos animo a pasar ese día en familia na illa das esculturas, de seguro que o imos disfrutar!!


Pero que as actividades cos nenos para esta fin de semana non rematan ahi, pois no Museo de Pontevedra presentase no Sexto edificio a partir das doce da mañá "Os Bolechas coñecen a Castelao" e anuncian que virán en persoa á presentación e haberá actividades divertidas para os máis cativos!!!


Así que non temos excusa para quedar en casa!! Ata o luns!!





Entradas populares