ACTIVIDADES CON NEN@S EN PONTEVEDRA FIN DE SEMANA DO 17-19 NOVEMBRO


Outra fin de semana está cerca e temos moitas opcións de ocio cos nos@s pequen@s.


O venres na Biblioteca Pública de Pontevedra temos unha sesión de contos a cargo de Pavís Pavos, na sala de Obradoiros ás 18:00, coma sempre a entrada é de balde ata completar aforo.

Tamén para o venres a Ludoteca Tékere proponnos un "cuentaperros" que organiza a Clínica Veterinaria Fauna, para os cativos de 3 a 6 anos, e precisa inscripción previa.


Para o sábado pola maña podemos facer un taller de ritmo na Libraría de Patakafrita, a actividade é gratuita e para cativ@s apartir de tres anos.


Tamén o sábado, pero esta vez pola tarde, temos no Sexto edificio do Museo de Pontevedra, ás 17 horas, un conto ilustrado a cargo de "Polo correo do vento", esta vez con "O que acontecen no Canellón do Gato". Non precisa inscripción pero os participantes teñen que estar acompañados, a lo menos, dun adulto. Recomendados para nen@s de 5 a 10 anos.


Pero e que ademáis, o domingo haberá un concerto para toda a familia da banda de Música de Pontevedra, ás 12:30 horas no Teatro Principal con entrada de balde. Esta vez co título "Musicolandia: o país dos instrumentos".

Pero se pola tarde ainda tendes gañas, haberá una nova representación do Festival das Cóxegas no Pazo da Cultura, esta vez coa obra ¿Cuál es mi nombre? Da T DANZA. indicara para nen@s a partir de dous anos. As entradas pódense adquirir en Ataquilla.

Ata o luns!!




Entradas populares