ACTIVIDADES PARA NIÑ@S EN PONTEVEDRA FIN DE SEMANA 11 AL 13 DE NOVIEMBRE


Outra fin de semana nos espera con moitas actividades para os máis cativos.

Comezamos coa biblioteca pública, onde este venres haberá un contacontos con obradoiro de debuxo a cargo dos nosos amigos de Polo correo do vento, que presentarán "Felisa Manso e o doutor: unha homenaxe a Manuel Lueiro Rey". O público destinatario e para nen@s a partires de tres anos, na sala de obradoiros da Biblioteca as 18 horas, con entrada de blade e ata completar aforo.





O sábado volve Sétima Feira na praza do mercado de Abastos na rúa Sierra, onde mentres os maiores podemos desfrutar das distintas propostas desta semana ou aproveitar para facerla compra, os nen@s poderán divertirse cun obradoiro coa temática de Mexico. Pódese inscribirse previamente no correo  electrónico setimafeira@pontevedra.gal ou se ainda quedan prazas o 

mesmo dia no lugar de realización do obradoiro. 




Os aconsello que vos anotedes no mail, xa que poden esgotarse as prazas.

Para o domingo, segue o Festival das cóxegas, esta vez coa actuación de Vaiven Circo, coa representación Des Hábitat, que presentasenos coma un espectáculo de circo, teatro e danza, recomendada para nen@s a partir de 4 anos tendo as entradas están dispoñibles en Ataquilla.com.

Ata o luns!!


Entradas populares