ACTIVIDADES PARA NEN@S EN PONTEVEDRA FIN DE SEMANA 4-6 NOVEMBRO

Esta vez a fin de semana chega moí cedo, despois da ponte de samaín, e ven cargadiña de actividades para os máis peques. Animádevos a comprobalo?

O sábado pola maña, ás doce, presentarase no salón de actos do Sexto Edificio do Museo de Pontevedra, con entrada libre o novo libro-disco de Migallas, onde se interpretarán varias cancións de CANTA CONNOSCO e proxectaranse algúns vídeos nos que colaboraron moitos nenos e nenas da nosa cidade! 

Portada de Canta Connosco


O sábado 5, na libraría Patakafrita, remos "Contos con Rima"  a entrada é de balde ata completar aforo, e como vedes no cartel, este mes de novembro estará adicado a música.




Tamén o sábado, ás 19:30 horas temos no Pazo da Cultura un espectáculo que combina fútbol e danza, SUMMUN FOO-TBALL, a venda anticipada pódese atopar en Ataquilla.com a 12 euros máis gastos de tramitación, e no caso de non esgotarse o mesmo dia no espectáculo dúas horas antes na billetería.


O sábado,  na Praza de Ourense haberá un mercadillo entre as 11:00 e as 20:00 horas para celebrar o día da adopción, organizado pola Protectora de Animais Os Palleiros, onde voluntarios da entidad e membros da directiva venderán os novos calendarios para o vindeiro ano, camisetas, sudadestas... e intentarán promover para que os cans máis veteranos atopen un fogar, por iso uns quince cans estarán presentes na Praza. Animadevos a pasar por alí!


Tamén no pazo, o domingo, as cinco e media, dentro do Festival das Cóxegas, temos "El fantástico viaje de Jonás el espermatozoide" de El espejo negro. Tratase dun espectaculo de monicreques para toda a familia, e indicada para nen@s a partires de cinco anos.

Asi, que xa sabedes, este fin de semana non é para quedar na casa!!!

Ata o luns


Entradas populares