jueves, 12 de mayo de 2016

ACTIVIDADES FIN DE SEMANA 13-17 DE MAIO EN PONTEVEDRA PARA NENAS E NENOS

Este é unha fin de semana longa así que haberá que aproveitala!!

Os que tendes praza na biblioteca no obradoiro de "O Gran xogo das Letras Galegas" non os esquezacedes que comeza  ás 18:00 horas e os que non teñades praza ainda podedes chamar por si queda algunha.

O sábado, por ser o segundo do mes, temos "Sétima Feira" na Praza de Abastos, así que haberá un obradoiro para nenos na segunda planta, esta vez sobre o artista Pollock. Ten unha pinta boísima e de seguro que os cativos o pasan en grande mentres nós disfrutamos vendo as propostas de esta semana. Recordade que podedes inscribiros previamente via mail ou se ainda quedan prazas o mesmo dia por orde de chegada.


Coma esta fin de semana é longa, xa que moitos menos non teñen cole, imos aproveitar para contaros que o martes, 17 de maio podemos disfrutar de un conto ilustrado con rapaces de "Polo correo do vento" no sexto edificio do museo de Pontevedra, será ás doce da mañá, e coma sempre poderemos debuxar despois da historia que nos contarán.

Moi bo plan para este finde e a ver se sae un pouquiño o sol!

Ata o luns



1 comentario:

  1. Menudo plan tan estupendo!!!! Disfrutarlo un montón :)
    Biquiños y gracias!

    ResponderEliminar

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...