ACTIVIDADES FIN DE SEMANA 20-22 DE MAIO PARA NENOS EN PONTEVEDRA E ALREDEDORES

Outra fin de semana acércase e imos ver as distintas opcións que temos cos cativos.

Coma sempre na biblioteca publica temos unha sesión de contos, esta vez a cargo de Polo correo do vento, polo que a diversión está asegurada, ademáis coma sempre cun obradoiro de debuxo. Este venres nos contarán unha historia homenaxe a Manuel Maria, a quen está adicado este ano o día das letras galegas, será ás seis da tarde e a entrada é de balde ata completar aforo.







O sábado, ás doce da maña hay unha sesión de contobradoiro na libraría PATAKAFRITA que está na rúa José Adrio Barreiro (A Pasarela), onde se fará o poliño Cocorico coa arcilla de jampin clay, ten un custo de 6 euros e pódese reservar a plaza, deixovos o enlace ó seu blog por si tendes algunha dúbida. Paréceme unha boa opción para o sábado pola maña, eu ainda non a coñezo así que si vos animades podedes contarme que tal está, pero a pinta a ten moi boa.



Xa sé que sempre hai opcións na nosa cidade cos cativos pero esta fin de semana, ademáis, podemos ir de excursión cos peques a varios sitios interesantes, cóntovos:

Xa comezou o Festival de Cans, en Porriño, tendes unha entrada neste blog dedicada ao festival e de seguro que o pasades xenial.

Tamén comezou o Festival de Títeres de Redondela, nós nunca fomos e gañas non nos faltan así que a ver que se pode facer.

E a outra opción que temos e no Gaias, na "Cidade da Cultura" onde teñen organizado obradoiros, contacontos, actividades...  para celebrar o día dos museos o sábado 21 de maio, e está pensado para disfrutar coa familia. Deixovos o enlace por se queredes máis información.

Ata o luns


Entradas populares