ACTIVIDADES FIN DE SEMANA 6-8 MAIO PARA NENOS E NENAS EN PONTEVEDRA


Esta fin de semana parece que non haberá tan bo tempo coma nos últimos días, así que deixovos unhas alternativas a quedarse en casa.

O venres, na Biblioteca Pública ás seis da tarde, remos sesión de congos a cargo de Pavís Pavós, cun espectáculo para nenas e menos a partir de tres anos. Coma sempre, entrada de balde ata completar aforo na Sala de Obradoiros da Biblioteca Púbilca de Pontevedra.

O domingo 8 de maio temos un obradoiro, dentro do programa Apego, con Luís Prego e Samuel Soto, para familias con nenos e nenas de 0 a 3 anos na Casa da Luz de 12:00 a 13:00 horas. Así que xa sabedes, esta vez son os máis cativos da casa os protagonistas. Precisa inscripción previa. Este obradoiro repetirase o mércores pola tarde para os que non poidades ir na fin de semana, tamén con inscripción previa, tedes máis información no enlace.

A semana que ven xa empezan os preparativos para celebrar o día das letras galegas, e con tal motivo esta semana abriuse o prazo para anotar os nenos e nenas no obradoiro  "Gran Xogo das Letras Galegas 2016" que celebrarase na Biblioteca Pública de Pontevedra o venres 13 de maio as 18:00 horas, está dirixido a nenos e nenas a partir de seis anos e descríbese coma un divertido xogo por equipos onde os participantes coñecerán algo máis sobre a orixe e significado do día das letras galegas entre outras cousas, seguro que os nenos se divirten á vez que aprenden moitas cousas.

Esta semana cambiaron os teléfonos da biblioteca, así que se quereres anotar ós nenos/as no obradoiro do 13 de maio, tendes que chamar os novos teléfonos.



Ata aquí os plans para esta fin de semana, un biquiño e volvemos o luns





Entradas populares